O filme de Avalon: Web of Magic

0
200

A Minds Eye Entertainment, a Red Sky Entertainment e mais a Moving Pictures Media van-se asociar para desenvolveren conxuntamente unha nova franquía para o cinema con acción real baseada na série de libros para adolescentes Avalon: Web Of Magic.

Robert Mandell creou e Rachel Roberts aportou as ilustracións a esta saga de doce novelas que vai sobre unha banda de rapazas escollidas por animais máxicos para os axudaren a loitar contra unha malvada bruxa.

Donald Petrie (Miss Congeniality) dirixirá o primeiro filme pero a Minds Eye espera que se poida continuar producindo mais longametraxes dirixidas ao público adolescente. Isabella Battiston é a produtora.