É Ben Kingsley o novo rei Herodes?

0
198

Ben Kingsley podería ser o rei Herodes no vindeiro filme de Alister Grierson, Mary Mother of Christ, na Lionsgate.

A película, que será unha precuela non oficial ao éxito de Mel Gibson The Passion of the Christ, irá sobre os intentos de María, a mítica nai do deus Xesús, de desafiar ao rei Herodes para poder salvar ao seu fillo. Benedict Fitzgerald, o co-responsábel do guión da primeira entrega desta saga xunto a Gibson, tamén encargará-se do libreto nesta ocasión xunto a Barbara Nicolosi.

No reparto están xa confirmados Odeya Rush no papel de María, Peter O’Toole coma Simeón e Julia Ormond coma Isabel, a curmá de María. Os produtores queren contar ademais con Judi Dench para o papel de Ana a Profetisa e con Hugh Bonneville para o papel de Satán.