Radcliffe quere ser o Xorobado

0
217

Seica Daniel Radcliffe, o protagonista da saga de Harry Potter, está moi interesado en interpretar o papel principal do Xorobado no vindeiro filme de Paul McGuigan (responsábel de moitos episódios da série de televisión Sherlock), unha versión revisada do clásico de Mary Shelley Frankenstein para a 20th Century Fox e mais a Davis Entertainment.

Baseada nun guión de Max Landis (Chronicle), esta adaptación é un xiro cara á ciéncia-ficción da clásica história dunha criatura humana producida grazas a un experimento científico. Shawn Levy ía ser o director do proxecto, pero tivo que abandoa-lo por mor de problemas co orzamento.

O persoaxe que interpretaría Radcliffe descríbe-se coma patolóxicamente suxo e vestido con roupas vellas de pallaso. Nestes intres a produción está agardando a que lle entreguen o guión e só a partir dese intre comezarán a falar seriamente cos candidatos para os papéis.