Webb e Garfield na secuela de Spiderman

0
236

Mália que se falou algún tempo de que non podería estar á fronte da secuela de The Amazing Spider-Man por mor de problemas de calendário, seica Marc Webb sentará-se definitivamente na cadeira de director para a segunda entrega desta saga que ten previsto entrar en produción para o ano que ven.

Andrew Garfield está xa confirmado para regresar ao papel de Peter Parker mentres que Emma Stone está a manter conversas para repetir o seu papel de Gwen Stacy. O filme ten prevista a súa estrea para o 2 de maio de 2014.

Alex Kurtzman, Roberto Orci e Jeff Pinkner están a escribir o guión, baseado nun boceto anterior de James Vanderbilt. Avi Arad e Matt Tolmach serán os produtores.