Strong na terceira parte de Hunger Games

857

Danny Strong, guionista dobre gañador do prémio Emmy polo seu traballo en Game Change e The Butler, ven de ser contratado para escribir os guións das dúas películas que adaptarán ao cinema a novela Mockingjay, a derradeira entrega da série de The Hunger Games.

Ainda que os estudos non fixeron ningún comentário oficial, os dous filmes están previstos para se estrear o 21 de novembro de 2014 e o 20 de novembro de 2015 respectivamente.

A primeira película da franquía de The Hunger Games contou cunha adaptación da própria escritora orixinal, Suzanne Collins, coa axuda do director do filme Gary Ross (Pleasantville) e do guionista Billy Ray (Shattered Glass).

O segundo filme, actualmente en produción, foi adaptado novamente por Collins e esta vez coa axuda de Michael Arndt (Toy Story 3) e Simon Beaufoy (Slumdog Millionaire, 127 Hours). A segunda parte chegará aos cinemas este mes de novembro.