Xa é oficial, o director de Cloverfield e Let Me In Matt Reeves será o encargado da nova entrega da saga dos símios, o filme da Fox Dawn of the Planet of the Apes.
O director da primeira parte, Rise of the Planet of the Apes, Rupert Wyatt, abandonou a produción desta secuela hai cousa dun mes, obrigando aos estudos a se mover á presa para atopar un sustituto.
A semana pasada houbo unha rolda de xuntanzas con posíbeis candidatos, entre os cales había dous españois, pero Reeves resultou ser o elixido. Agora agárda-se que se poña ao día o antes posíbel porque os estudos non van dar marcha atrás na súa decisión de estrear a película para mai ode 2014.