Chandrasekhar dirixirá Yogi Bear 2

0
204

Jay Chandrasekhar, director de Super Troopers e participante habitual do grupo cómico Broken Lizard, é o novo responsábel de reescribir o guión e dirixir a secuela do filme Yogi Bear para a Warner Bros. Pictures.

Eric Brevig dirixiu a anterior longametraxe de 2010 baseada no clásico persoaxe dos debuxos animados da Hanna-Barbera, que resultou un éxito inesperado e gañou mais de 200 millóns de dólares en todo o mundo, mália as nefastas críticas que recibiu por parte dos médios especializados. Polo de agora non se sabe ren sobre os detalles do argumento para esta secuela.

Donald Deline e Karen Rosenfelt serán os produtores.