Sigmund na Universal

700

SigmundA Universal ven de pechar un acordo polo que realizará un filme de acción real baseado na série infantil de televisión dos anos 70 Sigmund and the Sea Monsters, orixinal de Sid e Marty Krofft.

Os Krofft serán os produtores xunto con Jimmy Miller e a súa empresa, a Mosaic. Julie Darmody será a produtora executiva.

O acordo chega xusto despois de que a Universal e mais a Mosaic completaran a produción dun filme que tivo un orzamento de 100 millóns de dólares, Land of the Lost, dirixido por Will Ferrell, e que ten prevista a súa estrea para xuño de 2009.

O guión de Sigmund será escrito por Dana Gould, unha habitual guionista e produtora da série Os Simpson.

A Sony está a desenvolver unha versión con acción real de H.R. Pufnstuf, outra série orixinal dos Krofft, para o que está en conversas co director Conrad Vernon (Shrek 2).