Lynne Ramsay e a vinganza de Mobius

0
195

A Scott Pictures será a encargada de producir e financiar a longametraxe da directora escocesa Lynne Ramsay inspirada no clásico Moby Dick en versión de ciéncia-ficción e titulada Mobius.

Para elo, Ramsay traballará novamente co seu co-guionista en We Need to Talk About Kevin, Rory Kinnear, e xuntos tentarán trasladar á pantalla grande este thriller psicolóxico de acción ambientado no espazo profundo.

A história, que está baseada no clásico de 1851 escrito por Herman Melville, vai sobre un capitán consumido pola vinganza que leva á súa tripulación a unha misión mortal empuxado polo seu própio ego e vontade de controlar a un enigmático alieníxena.

Ramsay, Scott Steindorff, Peter Fruchtman, Dylan Russell e Scott LaStaiti serán os produtores.