O Capitán América busca unha moza

0
176

Seica cinco xóvenes actrices están nestes intres nunha listaxe de candidatas a se facer co corazón do “home perfecto”, o Capitán América, para o vindeiro filme da Marvel Captain America: The Winter Soldier.

As incluidas nesta rolda final son Emelia Clarke (Daenerys Targaryen en Game of Thrones), Jessica Brown Findlay (Downton Abbey), Teresa Palmer (I Am Number Four), Imogen Poots (28 Weeks Later) e mais Alison Brie (The Five Year Engagement).

Os directores Joe e Anthony Russo deberán decidir en breve cal das cinco queren que interprete o papel da moza de Steve Rogers. Polo de agora ainda non se sabe se ese papel será creado especificamente para este filme ou se será alguén baseado nun persoaxe dos cómics.

O persoaxe de Scarlett Johansson, a Viúva Negra, tamén aparecerá no filme, pero tampouco trascenderon novas sobre a releváncia do seu papel.