A Paramount despega no avión de Baker

0
167

A Paramount Pictures ven de adquirir os dereitos para facer unha longametraxe baseada en Vessel, unha curta de ciéncia-ficción e terror orixinal de Clark Baker.

Baker acadou os cartos para facer a curta grazas ao sítio Web Kickstarter e usou un guión de Matt e Ross Duffer (Hidden). A curta vai sobre un grupo de pasaxeiros dun avión que se enfronta a un poder sobrenatural pouco despois do despegue e deben loitar polas súas vidas.

Stephen Susco (The Grudge) será o encargado de escribir o guión e producir a longametraxe, que dirixirá o mesmo Baker. Susco traballou con Baker para desenvolver o tón que queren para esta versión en longametraxe.