A Amazon Studios fíxo-se cos dereitos sobre o libro Seed [A semente] de Ania Ahlborn, a primeira novela que é mercada pola popular compañía de venda por Internet para levar á pantalla grande.
A história vai sobre un adolescente que ve un arrepiante terror nunha estrada rural e fuxe á súa casa. Anos mais tarde, convertido nun home casado, atópa-se outra vez co mesmo caso cando a súa muller e mais a súas fillas fiquen atrapadas nun accidente de coche ao que sobreviven.
O home deberá daquela deter á cousa que quere posuír á súa filla pequena. Os estudos comezarán axiña co proceso de adaptar o guión.
No espazo dun ano dende que a Amazon comezou a operar no mundo do cinema, levan xa vinteún guións e sete séries de televisión en desenvolvemento.