Pearce pulirá o guión de Godzilla

0
191

O guionista de Iron Man 3 Drew Pearce foi contratado para que lle dea un repaso final de catro semanas ao guión orixinal de Godzilla que dirixirá Gareth Edwards para a Legendary Pictures.

David Callahan, David Goyer e Max Borenstein traballaron en versións anteriores do mesmo guión e seica Pearce non terá que arranxar problemas no mesmo senón que a súa misión será a de adaptar aos persoaxes para que encaixen cos actores que os estudos teñen en mente para interpretar os papeis.

O filme, do que ainda non se rodou nin un metro de película, acadou grande sona en xullo cando no decurso da Comic Con en San Diego foi exhibido un tráiler non oficial perante 6.500 espectadores, que ficaron totalmente engaiolados polo que miraron. Pearce tamén está a traballar no guión da terceira entrega de Sherlock Holmes.