Os Xigantes invaden a Terra

0
173

Tom Jenkins e Simon Sharp serán os encargados de reescribir e dirixir a longametraxe de ciéncia-ficción Giants para a Sony Pictures.

A história vai sobre unha raza alieníxena, coñecida coma os Xigantes do planeta Gigantus, que é atacada por unha nave espacial estranxeira. Isto obrigará a un grupo de guerreiros a se embarcaren nunha misión cara á Terra, de onde son os agresores.

Pero resulta que a nave espacial estranxeira era unha rosca perdida do telescópio espacial Hubble. E ainda que os áliens sexan xigantes no seu planeta natal, na Terra só miden 0,6 centímetros de alto. Axiña atoparán a un rapaz chapón e xuntos tentarán salvar o mundo.

Jenkins e Sharp son asemade responsábeis das curtametraxes Speed Of Light e Address Is Approximate.