O novo Superman será mais realista

0
235

O guionista de Batman Begins David Goyer dixo que o seu traballo no guión do vindeiro relanzamento de Superman Man of Steel dirixido por Zack Snyder comparte moitos paralelismos co que fixera na triloxía de Batman.

Goyer falou no decurso da recente Roma Fiction Fest na que dixo que o que el e mais o produtor Chris Nolan están a facer con Man of Steel é “tentar a mesma aproximación naturalista que adoptamos para a triloxía de Batman. Sempre tivemos unha aproximación naturalista, queremos que as nosas histórias estean baseadas na realidade, coma se poideran acontecer no mesmo mundo no que vivimos“.

Ademais engadiu que isto é moito mais ca un desafío cando consideras que estás a tratar cun álien superpoderoso: “Non é tan doado con Superman, e en realidade isto non sinifica necesáriamente que fagamos un filme sinistro. Pero traballando neste relanzamento estamos a pensar no que pasaría se unha história coma esta acontecera de verdade. Como reaccionaría a xente? Que impacto tería a presenza de Superman no mundo real? O que gosto facer é escribir histórias de xénero sen o elemento de debuxos animados“.