A Legendary Pictures revive aos mortos

0
186

A Legendary Pictures ven de se facer cos dereitos para levar á pantalla grande o thriller sobrenatural do escritor inglés Seth Patrick Reviver.

Baseada na primeira novela dunha triloxía aínda sen publicar, a história vai sobre un grupo de xente coñecido coma os “revividores”, que poden contactar cos mortos e trae-los de volta á vida durante un breve espazo de tempo.

Jonah, ún dos mais grandes dotados do mundo, descubre unha presenza sinistra que vixía dende o outro lado mentres revivía á vítima dun brutal asasinato. E cando comeza a investigar, o que descrubre resultará ser unha ameaza para toda a xente que o rodea.

Patrick, que é programador de videoxogos, fai asemade o seu debut coma novelista con Reviver. Alex Hedlund e Jillian Zaks serán os produtores xunto a Brendan Deneen, da Macmillan Films.