Xogo de Tronos á tele

0
185

Xogo de TronosAgora que após do éxito mundial de filmes coma a triloxía do Señor dos Anéis trunfan claramente nas pantallas de cinema, a canle de televisión HBO seica está disposta a quitar tallada.

A canle mercou recentemente os dereitos de televisión da novela Xogo de Tronos de George R.R. Martin segundo confirmou o mesmo autor. Este é o primeiro volume da súa série Canzón de Xeo e Lume.

Nombergantes, Martin advirte que esta compra non supón que se vaia dar luz verde á rodaxe dunha série: “En Hollywood é sempre millor non asumir que algo vai acontecer até que realmente acontece”, dixo nunha entrevista o pasado martes. O Xogo de Tronos está ainda en desenvolvemento. Ainda están a facer un orzamento, ollando localizacións, en España e na República Checa“.

Após do seu debut en 1996, Xogo de Tronos gañou o prémio Locus á millor novela fantástica e obtivo nominacións aos Nebula e os Prémios Mundiais da Fantasía. Os seguintes libros da série acadaron máis prémios. En total hai sete novelas planeadas para a saga, e polo de agora lévan-se escritos catro. O último deles é A Feast For Crows (Un festín para os corvos).

Xogo de Tronos narra a loita entre várias famílias en Westeros, unha terra imaxinária pero semellante á Inglaterra medieval durante a Guerra das Rosas. Ademáis, hai outras ameazas para o povo, incluindo unha invasión sobrenatural procedente do pólo norde, unha raíña dragón exiliada e que reclama a súa dinastía familiar, e un inverno que leva durando xa anos. Tras estes acontecementos, hai homes e mulleres perigosos dispostos á traizón e que non se deterán perante ren con tal de obter o poder.

Segundo Martin, a série na tele suporá que cada tempada sexa unha novela. Se acada a renovación, a segunda tempada narraría os feitos que acontecen no libro A Clash Of Kings.

David Benioff (Tróia, The Kite Runner) e D.B. Weiss serán os guionistas e produtores executivos. Martin, un veterán nas terefas de escribir guións na tele (A Bela e a Besta, The Twilight Zone), planea ser o coprodutor executivo e escribir alomenos un episódio.