Dredd (2012)

1222

Director: Pete Travis
Guión: Alex Garland
Reparto: Karl Urban, Olivia Thirlby, Wood Harris e Lena Headey

Calificación: 65 %

Nos Estados Unidos do futuro só fica en pé unha cidade, Mega City One, que se estende cos seus 800 millóns de habitantes dende Boston a Washington D.C. Nela, as bandas de criminais loitan polo poder contra un débil governo e o único que separa á povoación do caos total é un grupo de policía chamados “os xuíces”, con poder para xulgar, condear e sentenciar nun só acto. O castigo mais común é a pena de morte.

Eu son a Lei.

Esta longametraxe en 3D baseada no clásico persoaxe da revista 2000 AD creado por John Wagner e Carlos Ezquerra non é, coma se podería pensar, un remake nin un relanzamento do filme que protagonizara Sylvester Stallone en 1995, senón unha versión totalmente nova e moito mais próxima ao cómic orixinal. Asemade a violencia é a grande protagonista, xunto a grandes doses de sangue e vísceras palpitantes, que chegan literalmente a ocupar toda a pantalla. Ainda que pode escapar-se algún sorriso polo tremendismo, a intención do director non foi nunca facer nada cómico, e o espectador (especialmente nestes días) poderá sentir-se – ou non – identificado coa violéncia policial dos nosos tempos.

O argumento descende até o xuíz Dredd, quen debe evaluar a unha nova candadata, a novata Anderson (Olivia Thirlby), quen ainda que non superou os puntos necesários para entrar no corpo, é unha mutante con poderes que lle permiten lér a mente dos demáis. Mentres tanto, nun xigantesco edifício de 200 pisos, a torre Peach Trees, a banda de Ma-Ma (Lena Headey) de traficantes de droga que controla o edifício enteiro ven de asasinar a tres persoas. Os xuíces acuden a investigar, pero alí fican atrapados pola banda e deberán eles sós enfrontar-se a centos de asasinos.

A patada na porta é o menor dos teus problemas cando o xuíz Dredd anda polo médio.

O pior que se pode dicir dun filme destas características é que resulte aburrido, e Dredd aburre en ocasións. Se cadra polo seu excesivo intento de facer algo novo, con calidade artística, entre tanto golpe, puñetazo, disparo e sangue que salpica por todas partes. Os cómics tiñan nombergantes esa cualidade, que o filme tenta recuperar utilizando o 3D dun xeito distinto ao que nos ten acostumada a indústria, o cal é de agradecer. Outra cousa é que consiga o seu propósito.

As referéncias ao cómic son constantes e así os fans non se sentirán decepcionados polo feito de que ao xuíz Dredd nunca se lle vexa a cara, mália o cal hai que calificar a interpretación de Karl Urban coma de sobresaliente. Os seus xestos de desaprobación semellan calcados directamente das páxinas do cómic.

E coma no cómic, non faltará a violéncia explícita, axudada dos magníficos efectos especiais e dos movementos en “slow motion” (aos que contribúe con moi bó tino o feito de que a droga se chame Slo-Mo e produza esa sensación aos consumidores). Os fans do gore non poderán decidir-se entre Dredd e un filme de terror, pero aquí e agora non cabe outro remédio que calificar coma brillante este recurso, que entra mesmo dentro do surrealismo cinematográfico.

A novata Anderson, a única xuíz sen casco.

O persoaxe de Dredd está suxeito a controvérsia. Os fans saben que é un persoaxe de ficción nun mundo imaxinário, pero os críticos coidarán que o seu senso de xustiza e o seu constante recurso á violéncia estrema fan del un fascista e polo tanto o filme será unha oda ao fascismo. Entrar nestas rifas, que levan acontecendo dende que o persoxe foi creado nos anos 80, semella hoxendía xa algo aburrido, por non dicir irrelevante, e cada cal terá os seus motivos para ir mirar a película. Os fans do cómic, en todo caso, non terán motivos para non gostar desta interpretación. Os que non eran fans probábelmente continúen a pensar coma antes.

A única pega que se lle pode apoñer ao filme é a súa caréncia dun guión sólido, limitándo-se a escenas de violéncia, unha tras outra, e sen que haxa unha boa história por detrás. De todos os xeitos, unha vez mais, haberá que recurrir ao reclamo do cómic orixinal, onde a violéncia e as dúbidas morais de se aplica-la ou non en certos casos era precisamente a única história que contar.

Ainda que o final podería decepcionar aos verdadeiros xusticieiros, a adaptación do persoaxe acadada é perfecta e se cadra era esa a principal preocupación dos afeccionados. Hai que relembrar que o mesmísimo creador de Dredd, John Wagner, dixo respeito a este filme que “o persoaxe e mais o argumento son puro Dredd“. E coma no cómic, os malos son malos porque si, mentres que os bós… é o espectador quen debe decidir.