Zemeckis abre un Catálogo Máxico

0
209

Jason Fuchs (Ice Age: Continental Drift) ven de ser contratado para que escriba o guión da aventura de ciéncia-ficción The Magic Catalogue para a produtora de Robert Zemeckis, a ImageMovers, e mais a Disney Pictures.

Baseada nunha série de debuxos (o que agora chaman dun xeito rimbombante “arte conceptual”) do artista de desenvolvemento visual Chris Appelhans, o filme vai sobre uns adolescentes que sen se decataren adquiren un alixo de armas de alta tecnoloxía, a meirande parte das cales nunca foran vistas antes.

Polo de agora non se sabe se o mesmo Zemeckis será o director, pero non é descartábel no caso de que o guión sexa abondo bó.

Zemeckis, Jack Rapke e Steve Starkey serán os produtores. Appelhans xa traballara anteriormente coa ImageMovers no filme Monster House coma deseñador de persoaxes.