Adiante co filme de Gears of War

0
322

Leva en desenvolvemento xa cinco anos, pero seica estas últimas semanas está-se a facer un novo esforzo para revivir a adaptación á pantalla grande da exitosa franquía de videoxogos Gears of War.

A New Line escomezou o desenvolvemento en 2007 con Len Wiseman vencellado ao posto de director, pero o proxecto nunca puido despegar por mor do enorme orzamento que se requería. Agora o filme está a tomar un novo rumbo, o que sinifica que se lle permite aos produtores ofrecer a ideia a outros estudos.

De feito, a axéncia Creative Artists está a organizar xuntanzas con moitos produtores para as vindeiras semanas co fin de montar o proxecto noutro sítio. Chris Morgan, Billy Ray e mais Stuart Beattie foron até agora os guionistas.

Ambientado no planeta Sera, o xogo envía aos xogadores a unha batalla pola supervivéncia entre os humáns e unha raza de creaturas que viven no interior do planeta e aos que se coñece coma a Horda dos Locust. Os xogadores asumen as identidades de soldados do escuadrón Delta mentres loitan cos habitantes de Sera.

Os tres xogos que compeñen a série de Gears of War venderon xa 13 millóns de cópias en todo o mundo e xeraron mais de 1.000 millóns de dólares en vendas dende que o xogo apareceu por primeira vez en 2006. Está considerado coma a segunda maior franquía de Microsofot para a plataforma Xbox 360 só por detrás da série de Halo.

A cuarta entrega do xogo, Gears of War: Judgment, aparecerá o ano que ven. A Epic Games, a compañía que desenvolveu o xogo, participará coma consultora no filme para que este se adapte ao canon establecido polos videoxogos e mais os libros.