Grant Morrison sénte-se Feliz

0
159

Robert Fitzgerald Diggs, o director de The Man with the Iron Fists, coñecido simplemente coma RZA, será o encargado da adaptación á pantalla grande do novo cómic de Grant Morrison, Happy!

A história vai sobre Nick Sax, un asasino que morre de súpeto cando un dos seus golpes lle sae mal. Inexplicablemente, comeza a ver a Happy, un pequeno cabalo azul cuxa disposición optimista nunca desaparece.

Nick e mais o seu novo amigo xúntan-se para salvar a vida dun neno con problemas, o que sinificará que o mesmo Nick terá unha oportunidade de acadar a súa redención.

Grant Morrison adaptará o guión mentres que Reginald Hudlin será o produtor. O trío desenvolverá o proxecto antes de escomezar a procura dun estudo que financie o filme.