Ryan Reynolds vai ouvir Voces

0
175

Ryan Reynolds (Green Lantern) está a manter conversas para protagonizar o vindeiro filme do director de Persepolis, Marjane Satrapi, o thriller psicolóxico The Voices para a Mandalay Vision e mais a Vertigo Entertainment.

Reynolds interpretaría a un amábel pero estraño obreiro dunha fábrica de bañeiros que anceia obtér a atención dunha muller que traballa na sección de contabilidade. Cando a súa relación tome un rumbo perigoso, o malvado gato falante de Jerry e mais o seu amábel can levarán-no por un novo e fantástico camiño.

Michael R. Perry escribiu o guión e a rodaxe escomezará o ano que ven.