Sede de sangue coreana

0
198

Park Chan-wookA Universal Pictures e mais a Focus Features veñen de contratar ao director de Oldboy Park Chan-wook para un novo filme de vampiros que se titulará Thirst.

É a primeira vez que un filme coreano recibe financiación dos estudos americanos e mais un compromiso de se distribuir nos Estados Unidos antes mesmo da súa estrea local.

A Universal e a Focus financiarán e producirán o filme, que polo de agora só contaba co apoio dos estudos coreanos CJ Entertainment.

A Focus estreará o filme en América do Norde, mentres que a CJ ficará cos dereitos de distribución no resto do mundo, incluindo a Corea do Sul.

Os protagonistas deste filme son Song Kang-ho, Shin Ha-kyun e Kim Ok-bi. O argumento vai sobre un cura que participa nun experimento médico para atopar a cura para unha enfermidade mortal, o que ten unhas consecuéncias traumáticas. Agárdase que a rodaxe remate a tempo para un festival que terá lugar a mediados de 2009.