Andre Øvredal quere facer algo Enorme

0
186

O produtor Adrian Askarieh e mais o director do recente éxito do cinema noruegués Troll Hunter Andre Øvredal van unir as súas forzas nunha adaptación do cómic apocalíptico de monstros de Tim Daniel Enormous.

Ambientada nunha Terra onde un acontecemento ecolóxico creou enormes bestas que están a dezmar a civilización, a história vai sobre unha muller que está tentando xuntar e salvar aos nenos perdidos.

Askarieh e mais Ovredal planean crear unha série Web de alta calidade dixital, unha série de televisión e mais unha longametraxe que explorarán a história dende distintos puntos de vista e en diferentes lugares do planeta.