Inminente debut do tráiler de Halo 4

0
246

O realizador nominado ao Oscar David Fincher volverá facer equipa co xefe de efectos especiais do filme The Girl with the Dragon Tattoo para crearen o tráiler de lanzamento do que será con total probabilidade o videoxogo mais agardado dos últimos tempos, o programa exclusivo da XBOX 360 Halo 4.

O lanzamento do tráiler será o vindeiro 18 de outubro e poderá-se ver nas televisións americanas no descanso do programa da NBC Late Night with Jimmy Fallon. Xusto a partir dese intre o tráiler estará dispoñíbel tamén a través da Halo Waypoint e na canle da Xbox en YouTube.

Miller dixo que “o noso obxectivo é entregar o tráiler dun superéxito con calidade de Hollywood que eleve o listón para o legado da história de Halo e faga que os fans debezan polo regreso do Master Chief“.

A rodaxe do tráiler de dous minutos tivo lugar en Praga, misturando gráficos xerados pro computador con acción real, e explora a história do Master Chief mentres fornece unha ollada ás novas ameazas que hai no xogo. O programa estará dispoñínel a partir do 6 de novembro.

O tráiler non ten relación coa série de acción na Web de Stewart Hendler Halo 4: Forward Unto Dawn que debutou a semana pasada. Por outra banda, prepára-se asemade unha edición limitada do xogo Halo 4 que incluirá un especial de 90 minutos da série.