Queren a Sanders para dirixir Van Helsing

0
187

Ainda que o director responsábel de Snow White and the Huntsman, Rupert Sanders, non regresará para a segunda parte deste filme, a Universal Pictures quere seguir contando con el e están por lle ofrecer a dirección doutra película.

Polo de agora tan só houbo conversas informais pero Sanders podería converter-se no director de Van Helsing, un filme que relanzará ao persoaxe cazador de vampiros e outros monstros e que podería protagonizar Tom Cruise.

Alex Kurtzman e Roberto Orci (Transformers, Star Trek) están a escribir o guión para esta película, que tentará unha aproximación mais realista ao persoaxe cá de Stephen Sommers en 2004, chea de efectos especiais e que protagonizou Hugh Jackman.

Cruise polo de agora está a traballar xunto a Doug Liman no filme de ciéncia-ficción All You Need Is Kill.