Ainda que xa desbotaron a ideia de facer unha série de Mockingbird Lane, na NBC ainda queren aproveitar o episódio piloto que xa está rodado e que lles custou 10 millóns de dólares, para emitir un programa especial de Halloween.
Asemade, o primeiro episódio deste fallido relanzamento de Munsters será emitido durante a semana de Halloween.
Mockingbird Lane ía ser unha nova versión do clásico Os Munsters, pero ficou atrapado na fase de desenvolvemento durante mais de dous anos na NBC, e iso mália que dous pesos pesados coma Bryan Singer e Bryan Fuller eran os produtores do proxecto, que pasou por moitísimas fases de retoque e de desencontros sobre como enfocar o programa e de quen debería ser o director. Cando por fin o episódio piloto chegou ás mans dos estudos, os executivos encontraron que estaba por baixo das súas expectativas e non chegou ser aprobado nunca.