Novos guionistas para He-Man e Black Lagoon

0
241

A Sony Pictures e mais a Escape Artists veñen de se facer cos servizos do guionista de The Expendables 2 e The Mechanic, Richard Wenk, para que reescriba o guión do seu relanzamento con acción real do persoaxe de He-Man e mais os Masters do Universo.

Jon M. Chu (G.I. Joe: Retaliation) é o director deste proxecto, baseado na clásica série de debuxos animados dos anos 80 e na liña de xoguetes da Mattel. No guión deste proxecto participaron xa moitos escritores anteriormente.

Mentres tanto, o guionista de The Invasion, Dave Kajganich, será o encargado de escribir o remake do clásico de série B de 1954 Creature From the Black Lagoon para a Universal Pictures.

Contrariamente aos rumores anteriores, Carl Rinsch non está vencellado á dirección. Kajganich, que xa traballou en diversos proxectos en desenvolvemento de Stephen King, incluindo as novas versións de The Stand e Pet Sematary, está a escomezar dende cero esta vez.