Reparto estelar das cabras

0
179

The Men who stare at goatsGeorge Clooney e Grant Heslov están a axuntar un reparto estelar para o seu novo filme de guerra e ciéncia-ficción producido pola Mandate Pictures, The Men Who Stare at Goats.

Ewan McGregor, o gañador dun Oscar Kevin Spacey e mais Jeff Bridges están en negociacións para se embarcaren neste proxecto xunto ao mesmo Clooney. A longametraxe será dirixida por Heslov cun guión de Peter Straughan.

Baseada nun libro do colunista do xornal The Guardian Jon Ronson, este filme está ambientado en Iraq e céntra-se en Bob Wilton (McGregor), un xornalista desesperado que descubre a história da súa vida ao atopar a Lyn Cassady (Clooney), un tipo que asegura ser un antigo soldado psíquico do exército americano, membro dunha sección que foi reactivada após do 11 de setembro.

O filme narra as viaxes dos dous homes por Iraq e ofrece olladas a este suposto exército secreto formado por soldados con pdoeres paranormais.

Bridges interpretaría a Bill Django, o fundador do programa dos soldados psíquicos e mentor de Lyn. Spacey será Larry Hooper, un tigo soldado psíquico que é o xefe dun campo de prisioneiros en Iraq.

O comezo da produción do filme está previsto para primeiros de outubro.