Ainda hai esperanza para Mockingbird Lane

0
193

A NBC xa escomezou a promoción do seu programa especial de Halloween, o telefilme Mockingbird Lane, que ía ser nun princípio o episódio piloto dunha nova série sobre os Muster que non chegou a contar coa aprobación dos estudos. Nombergantes, o produtor Bryan Fuller dixo nunha recente entrevista que coida que non todo está perdido e que o proxecto pdoería converter-se nunha série finalmente.

Polo de agora, todo depende de cantos espectadores sintonicen esta canle para ver o episódio, pero en todo caso a NBC debería actuar axiña, porque a equipa de produción só ten previsto traballar por un máximo de tres episódios, e os guións contan cun argumento que coma moito podería estender-se ao longo de seis capítulos.

Fuller polo de agora continúa traballando noutra série, Hannibal, que rematará en febreiro, e se Mockingbird Lane saíra adiante, tería que se poñer a traballar nela de contado para preparar a rodaxe da primeira tempada.