Harper dirixe a secuela de Woman in Black

0
215

O realizador nominado aos prémios BAFTA Tom Harper (Misfits) será o encargado de dirixir The Woman in Black: Angel of Death, a secuela do éxito de terror gótico deste ano The Woman in Black para a Hammer Films.

A acción está ambientada catro décadas despois dos acontecementos da primeira parte, no decurso da segunda guerra mundial. A mansión onde habitaba a pantasma da anterior película, Eel Marsh House, é tomada polo governo para que se utilice coma hospital mental militar.

A chegada de soldados con problemas psicolóxicos espertará aos sinistros habitantes da casa enmeigada, e unha fermosa enfermeira deberá evitar que os seus pacentes caian vítimas da muller de negro.

Jon Croker está a escribir o guión, baseado nunha história orixinal da autora de The Woman in Black, a escritora Susan Hill, e a maior parte da equipa que produciu a primeira película estará de volta nesta segunda.

A rodaxe escomezará en primavera en Inglaterra. A primeira entrega contou cun orzamento de 15 millóns de dólares, e recadou 130 nos despachos de billetes de todo o mundo, acadando en xeral boas críticas.