Após de non poder obtér o financiamento que precisaba para o seu proxecto polos médios tradicionais, o realizador David Fincher vai-lle dar unha oportunidade ao sistema de moda, o crowdsourcing, e concretamente ao sítio Web Kickstarter, para tentar acadar os cartos para facer unha longametraxe de debuxos animados baseada no cómic de Eric Powell The Goon.
O proxecto leva en desenvolvemento xa vários anos con Fincher coma produtor executivo mentres que Tim Miller e Jeff Fowler serían os co-directores. Mesmo creou-se un tráiler hai xa un tempo, que aínda está dispoñíbel nalgúns sítios coma Vimeo.
Nombergantes, e mália todos os esforzos, Fincher non foi quen de asegurar os cartos para esta versión para o cinema do extravagante cómic de temática paranormal porque o filme vai ser para maiores de 13 anos, e seica hoxendía non hai ningún estudo que queira apoiar unha película de debuxos animados que non sexa para nenos.
Fincher e Miller enviaron un vídeo a Kickstarter pedindo 400.000 dólares para axudar a sacar adiante o proxecto. Polo de agora contan xa con 110.000 dólares a falla de 27 días para rematar o prazo.