Weaving non quere ser Red Skull

0
238

Ainda que irrecoñecíbel baixo capas e capas de maquillaxe, aí estaba Hugo Weaving (o Axente Smith de Matrix ou o elfo Elrond en O Señor dos Anéis) facendo o papel do malvado nazi Cránio Vermello en Captain America: The First Avenger, pero se por el fora, esa será a última vez que o vexamos no devandito papel.

Weaving dixo nunha entrevista que “non coido que estea en Capitán América 2 ou 3. Non coido que Red Skull vaia estar aí. E non é algo que eu queira facer outra vez. Estou contento porque o fixen. Asinei por várias películas e supoño que contractualmente poderían-me obrigar, pero non quererán forzar a alguén a face-lo, se non quere“.

O actor continuou decindo: “Coido que puxen a miña parte nese tipo de filme. Foi bó face-lo e intenta-lo, pero para ser sinceros, non é a clase de filme que eu procuro e pola que estou emocionado. Coma actor, é xenial facer toda clase de papéis distintos. Estíra-te de xeitos moi dstintos. Pero cada vez mais quero volver ao que sempre adoitei, que é estar vencellado a proxectos cos que teño realmente afinidade persoal“.