O Home Formiga chegará en 2015

0
237

Outro superheroe da Marvel vai contar axiña coa súa oportunidade de se abrir paso até as pantallas de cinema: Ant-Man, o home formiga, quen fará o seu debut o 6 de novembro de 2015.

A Disney emitiu onte un comunicado oficial no que detalla a data de estrea de vários lanzamentos que tiña pendentes, e nese calendário aparece o filme que dirixirá Edgar Wright e que xunto á secuela dos Vingadores será a grande aposta da Marvel no cinema para o ano 2015.

No universo Marvel, Ant-Man é o superheroe baixo o cal agocha a súa identidade Henry Pym, un científico que creou unha fórmula que lle permite encoller-se até o tamaño dunha formiga. Xunto coa súa moza, Janet Van Dyne (quen mais tarde converte-se na Véspora),  Ant-Man axudou á creación do grupo dos Vingadores nos cómics, ainda que esta parte non aparecera na película.

Ademais, a Disney confimou asemade as súas dúas grandes películas para o ano que ven: Iron Man 3 o 3 de maio e Thor: The Dark World o 8 de novembro, ambas con formato 3D.

Por outra banda, dentro do mesmo anúncio, a Disney adiou a estrea do filme de Phineas e Ferb até 2014, cando nun primeiro intre estaba prevista para o verán de 2013.