O axente Coulson regresa en S.H.I.E.L.D.

0
182

Seica os bós axentes de S.H.I.E.L.D. non son doados de matar. O persoaxe do axente Coulson, interpretado por Clark Gregg no cinema en diversas películas da Fase 1 da Marvel, regresará á pantalla pequena na nova série adicada en exclusiva á axéncia secreta de antiterrorismo do Universo Marvel.

O mesmo Gregg en persoa fixo unha aparición nunha rolda de prensa no decurso da recente New York Comic Con esta pasada fin de semana na presentación da série de televisión e onde houbo unha vídeoconferencia con Joss Whedon confirmando que Coulson regresará e liderará o reparto de persoaxes da vindeira série S.H.I.E.L.D. na canle de televisión ABC.

O que non se dixo foi como van facer para rescatar da morte ao persoaxe, que morreu no filme The Avengers, porque polo de agora queren que sexa un segredo e queren disfrutar das especulacións dos fans ao respeito.