Derrickson dirixirá o Método de Respiración

0
197

Após de que o recente thriller de terror Sinister acadara recadar 18 millóns de dólares o mesmo día da súa estrea (o seu orzamento foi de tan só 3 millóns), o nome do seu director e co-guionista, Scott Derrickson, non tardará en volver-se ver nunha pantalla de cinema. A produtora de Jason Blum, a Blumhouse, ven de chegar a un acordo con Derrickson para que este dirixa unha nova adaptación dunha obra de Stephen King ás pantallas grandes, concretamente The Breathing Method. Ambos aseguráron-se hai uns días os dereitos sobre a novela curta de King e xa contan con Scott Teems para que escriba o guión, ainda que polo de agora non teñen financiación.

A novela curta é parte do libro escolma de 1982 Different Seasons e é a única das catro que o compuñan que non se levara ao cinema até de agora. A história vai sobre un vello médico chamado Dr. Emlyn McCarron, que relata un incidente na súa carreira sobre unha pacente que estaba decidida a dar a luz ao seu fillo ilexítimo, mália os seus problemas económicos e o estigma social que elo supoñía nos anos 30. A pacente quere que sexa este médico quen a trate porque lera o libro que o doutor escribira, titulado Breathing Method [Método de respiración], un sistema que axuda ás mulleres durante o parto. Ela vai intimado cada vez mais co médico, quen se decata de que ela está decidida a dar a luz co seu método mália que sufriu un terríbel accidente cando se dirixía ao hospital.

Blum prepára-se para ter outra fin de semana de éxitos seguida porque o seu filme Paranormal Activity 4 estréa-se o venres e ten moi boas expectativas. Sinister é tan só outra marca nun feixe de filmes de baixo orzamento pero con grande recadación: os outros foran The Last Exorcism e Insidious. Pola súa banda, Breathing Method contará cun orzamento maior, pero en todo caso por baixo dos 20 millóns de dólares.