O vindeiro remake de Robocop ven de se facer algo mais futurista, ainda que sexa só pola súa data de estrea.
A Sony ven de adiar a chegada ás pantallas desta longametraxe de acción e ciéncia-ficción, que estaba prevista para o 9 de agosto de 2013, pero que agora deberá agardar até o 7 de febreiro de 2014. Os estudos decediron daquela facer unha sustitución e adiantar asemade ao 9 de agosto a estrea da nova película do director Neill Blomkamp, Elysium, protagonizada por Matt Damon e Jodie Foster, que agora poderemos ver na mesma fin de semana que en 2009 vira xa a estrea da anterior película de Blomkamp, District 9, recadando 210 millóns de dólares nos despachos de billetes.
Por outra banda, a Sony tamén decediu cambiar datas no seu calendário e así a estrea de Cloudy With a Chance of Meatballs 2 pasará ao 27 de setembro de 2013. Ademáis, Pixels de Adam Sandler, baseado nunha curta de debuxos animados francesa sobre a invasión de New York por uns persoaxes dun videoxogo de 8 bits, que tiña prevista a estrea para 2014, é adiada e regresa á súa fase de desenvolvemento.
Dirixida polo brasileiro José Padilha (Tropa de Elite), o filme RoboCop está protagonizado por Joel Kinnaman no papel principal xunto a Gary Oldman, Samuel L. Jackson, Abbie Cornish, Michael Keaton e Jackie Earle Haley. A rodaxe escomezou xa o pasado mes en Toronto.