O seu autor, Lewis Carroll, non chegou tan lonxe ao se imaxinar unha Alícia en estado catatónico e recluida entre as paredes acolchadas dun psiquiátrico, até que o gato Cheshire acude na sua axuda para liberar o País das Marabillas da tiranía da Raíña de Corazóns. Nombergantes, o videoxogo American McGee’s Alice, si.
Desenvolvido pola Rogue Entertainment e editado por Electronic Arts, trasladará-se o ano vindeiro ao cinema. O encargado de se poñer após das cámaras será Marcus Nispel, director de O guía do desfiladeiro ou da nova versión de 2004 de A matanza de Texas.
O contido do videoxogo en terceira persoa inspira-se tanto en Alícia no país das marabillas coma en A través do espello e o que Alícia atopou alí, a secuela que escribiu o mesmo Lewis Carroll. Pero tanto a sua estética, coma os seus persoaxes son moito máis tétricos e dementes. Todo elo, servido con abondosas doses de sangue e humor ácido.
O relato empieza cunha Alícia encerrada nun centro para enfermos mentais polo trauma que lle supuso a morte dos seus pais por mor do incéndio da sua casa. E alí fica en estado comatoso até que o gato Cheshire visíta-a coa intención de que salve o seu fabuloso mundo, de pesadelo ou ensoño, no que habitan persoaxes coma o coello branco, o sombrereiro tolo ou Tweedledum e Tweedledde.
Unha das actrices nas que se pensou inicialmente para encarnar a esta particular heroína, pouco infantil e máis sanguenta, foi Natalie Portman. Pero a elección está agora entre Sarah Michael Geller, a protagonista de Buffy cazavampiros, quen seica xa rexeitou o proxecto, ou Maggie Grace, coñecida por interpretar a Shannon na telesérie Perdidos.
Máis segura semella a participación da veterana Jean Marsh, que se fixo célebre pola telesérie inglesa Arriba e abaixo, ou vista no cinema en Willow, e que será a malvada Raíña de Corazóns.
O guión será escrito por Jon e Erich Hoeber (Montana); e a rodaxe, cun orzamento duns 45 millóns de euros, podería empezar no verán de 2008.