Rupert Sanders dirixe mais fantasía romántica

0
181

A Sony Pictures e mais a New Regency veñen de chegar a un acordo polo que o responsábel de Snow White And The Huntsman, Rupert Sanders, será o encargado de dirixir The Juliet, unha adaptación dun conto de ciéncia-ficción orixinal de Alfred Bester que foi desenvolvido pola Atlas Entertainment de Charles Roven na Sony. Henry Bean escribiu o guión.

A Atlas de Roven e mais Alex Gartner serán os encargados da produción xunto a Frank Beddor da Automatic Pictures. A intención é comezar a rodaxe en primavera, pero polo de agora non se teñen moitos detalles sobre o seu argumento, á parte de que é unha história romántica de ciéncia-ficción cun tón semellante ao de Bonnie and Clyde.

Sanders fixo o seu debut coma director con Snow White And The Huntsman, unha película da Universal que mália as súas pésimas críticas, obtivo uns ingresos de 400 millóns de dólares en todo o mundo, grazas sobre todo a que estaba protagonizado por Kristen Stewart e polo escándalo amoroso xerado ao seu redor.