Adam, o novo nome de Tom Cruise

0
216

A produtora de Pacific Rim, Mary Parent, quere desenvolver un guión de ciéncia-ficción orixinal de T.S. Nowlin (Agent 13) titulado Our Name Is Adam e para o que seica Tom Cruise podería estar interesado.

Ainda que os representantes do actor non quixeron facer comentários e o argumento do guión é polo de agora descoñecido, Cruise ven amosando un grande interese pola ciéncia-ficción ultimamente, xa que as súas últimas películas foron Oblivion para a Universal e All You Need Is Kill para a Warners.

Cruise e Parent xa traballaran xuntos anteriormente en Valkyrie, cando el era o xefe da United Artists e ela era presidenta da sección internacional da MGM.

O nome de Tom Cruise foi vencellado nos últimos tempo a non menos de média dúcia de proxectos e polo de agora ningún deles semella ter preferéncia. Entre os proxectos de xénero están o filme Van Helsing con Rupert Sanders e mais unha quinta entrega de Mission: Impossible na Paramount.

A compañía de Parent, a Disruption Entertainment, ten un acordo de colaboración asinado coa Paramount, onde está a producir o filme de Darren Aronofsky Noah.