O Frankenstein de Koontz, á tele

0
289

A canle TNT, a Lionsgate Television e mais a produtora 1019 Entertainment desenvolverán conxuntamente unha nova série para a televisión baseada nos cinco tomos de Frankenstein, a saga de novelas de Dean Koontz.

A saga é supostamente unha actualización aos nosos días do clásico monstro creado por Mary Shelley, pero as semellanzas coa novela orixinal son meramente superficiais. Ambientada no actual New Orleans, a série vai sobre as actividades de Victor Frankenstein, coñecido agora coma Victor Helios, e que continúa a crear novas formas de vida, unha raza de seres case inmortais. Contra eles loitarán unha parella de detectives de homicídios e mais o monstro de Frankenstein orixinal, agora coñecido coma Deucalion.

Ainda que o monstro orixinal estaba composto con anacos de cadáveres, agora Victor Frankenstein usa tecnoloxía moderna para crear aos seus novos monstros, especialmente bioloxía sintética. A nova raza de seres que está a fabricar e deseñar son mais ben bio-androides, seres humáns artificiais feitos de carne. Os seus coñecementos e o seu comportamento están baseados en programas descargados directamente no seu cerebro, que semella ser un computador moi avanzado.

James V. Hart (Dracula, Hook) e mais o seu fillo Jake serán os encargados de escribir os guións. O proxecto ía ser nun princípio unha série de longametraxes para o cinema e xa foi adaptado anteriormente á televisión pola canle USA Network no telefilme Frankenstein de 2004, pero este afastába-se demasiado dos libros e o mesmo Koontz non deu a súa aprobación.