A pel auténtica será unha longametraxe

0
195

A Warner Bros. Pictures e mais a produtora Heyday Films de David Heyman veñen de se facer cos dereitos para converter en longametraxe a curta de ciéncia-ficción orixinal de Stephan Zlotescu True Skin, convertida grazas á Internet nun fenómeno viral.

Zlotescu é un xénio dos efectos especiais que traballou en moitísimos vídeos musicais e utilizou a súa ampla experiéncia para realizar unha curta ambientada nun futuro próximo nunha era na que a xente está a se implantar melloras no corpo.

O protagonista da curta diríxe-se ao mercado negro de implantes en Bangkok para que lle poñan un misterioso chip na cabeza, pero descubre que o chip lle está a converter pouco a pouco nun robot.

A longametraxe incorporará todos estes elementos nunha história que o levará a loitar contrarreloxo non só contra as malvadas forzas que queren facer-se co biochip, senón para salvar o que lle fica de humanidade a el mesmo.

Zlotescu será o encargado de dirixir a longametraxe, mentres que Heyman, Scott Glassgold e Raymond Brothers serán os produtores.