A Warners gaña o primeiro asalto por Superman

0
310

Seica que a Warner Bros. Pictures ven de gañar a primeira batalla polo control dos dereitos de autor sobre a franquía de Superman.

O mércores, un xuíz federal en Califórnia aceptou a moción dos estudos nun xuízo sumário sobre a cuestión de se o acordo de 1992 con Jean Peavy, a irmá do co-creador de Superman Joe Shuster, impide que os herdeiros poidan declarar o fin da concesión do copyright.

O xuíz determinou que “o acordo de 1992, que representou a oportunidade dos herdeiros de Shuster para renegociar os dereitos de autor anteriores de Joe Shuster, reemprazan e sustitúen todas as concesións anteriores sobre os dereitos de autor de Superman. O acordo de 1992 así pois representa un acordo operativo entre as partes e, coma posterior que é ao de 1978, non está suxeito a remate“.

O que sinifica todo isto? Basicamente, que os herdeiros de Shuster querían dar por rematado o acordo de 1978 polo que lle cederan os dereitos cinematográficos sobre Superman á Warner, pero o xuíz di que ese acordo de 1978 xa non é válido porque se asinou outro novo en 1992 que é o que está en vigor agora.

Mália a vitória dos estudos, as partes continuarán apelando nos xulgados durante os vindeiros anos. O resultado deste primeiro xuízo nombergantes pon por diante á Warners para que poidan continuar explotando a figura do Home de Aceiro no futuro próximo, incluindo o seu filme do ano que ven Man of Steel.