O novo de World of Warcraft xa ten luz verde

0
213

World of WarcraftA espera de millóns de xogadores de todo o mundo está a chegar ao seu fin. A Blizzard anunciou onte que Wrath of the Lich King, a nova extensión do popular videoxogo de rol online de suscrición World of Warcraft, verá a luz o 13 de novembro.

Estamos desexando lanzar Wrath of the Lich King e dar por fin aos nosos xogadores de World of Warcraft a posibilidade de se enfrentaren a Arthas e aos seus esbirros“, afirmou Mike Morhaime, presidente e cofundador de Blizzard Entertainment. “Até entón, seguiremos refinando e axustando o contido da expansión para garantir unha experiéncia de xogo entretida e estremadamente pulida“.

World of Warcraft: Wrath of the Lich King envía aos xogadores ao frío e adusto continente de Rasganorth, onde o temíbel rei Exánime Arthas Menethil, visto por última vez en Warcraft III: The Frozen Throne, traballa dende a sua remota cidadela para someter aos habitantes de Azeroth baixo o seu perverso domínio.

Os xogadores enfrontarán-se ao exército de non-mortos do rei Exánime dende as costas do Fiordo Aquilonal e a Tundra Boreal até a fonte do seu impío poder no Glaciar Coroa de Xeo. Ademáis, os xogadores poderán continuar o avance dos seus persoaxes até o nivel 80 e conseguir habilidades mentres exploran novas zonas e mazmorras.

A expansión tamén presenta novas características tales coma un sistema de logros, máis opcións no combate xogador contra xogador, entre as que destacan as armas de asédio e os edifícios destruíbeis, e a primeira clase heroe: o nigromante cabaleiro da Morte.

Dende o seu lanzamento en América en novembro de 2004, World of Warcraft converteu-se no MMORPG máis famoso do mundo, con máis de 10,9 millóns de suscriptores.