Hai algunhas producións que semellan enmeigadas dende o comezo, e o relanzamento da saga de Mad Max é un claro exemplo. Seica o filme que está a dirixir George Miller está a pasar por moitos problemas.
O xefe da Warner Bros. Pictures, Jeff Robinov, voou até o plató de rodaxe en Namíbia hai un par de semanas para avaliar o progreso do filme, dado que segundo se comenta, a produción xa sobrepasou o seu orzamento inicial e vai atrasada no calendário de rodaxe unha semana.
Após da visita, o produtor Denise di Novi foi enviado ao plató para supervisar e traballar coma representante dos estudos mentres controla o progreso da rodaxe, que escomezou cun orzamento inicial de entre 100 e 125 millóns de dólares en xullo. Robinov dixo que aínda é optimista respeito a poder rematar en novembro.
Os problemas non pillan por sorpresa a ninguén. Namíbia é un dos lugares mais recónditos e agochados do mundo, onde as temperaturas e mais o clima son un desafío para calquera equipa, facendo da rodaxe unha aventura épica que non é doado de superar, por non falar da total auséncia de apóio co que conta o país para acoller unha superprodución deste calado. Miller tamén ten un rexistro ás súas costas de películas que superan o orzamento e sobrepasan o tempo concedido de rodaxe.