A Warners estreará Justice League en 2015

885

Agora que por fin contan cunha senténcia ao seu favor para poder seguir utilizando a Superman, a Warner Bros. Pictures non quere perder mais o tempo e xa está a acelerar o proceso para desenvolver o seu filme sobre a Liga da Xustiza.

A Warner espera poder rodar o filme o ano que ven e te-lo listo para a estrea en 2015. O guión aínda está en camiño, e o principal problema agora é atopar un director e un reparto. Polo de agora sabemos que Christian Bale non vai regresar ao seu papel de Batman, así que a cuestión é se Henry Cavill e Ryan Reynolds repetirán coma Superman e Lanterna Verde.

Os estudos están a tomar o camiño oposto á Marvel, a principal rival da DC Comics. Así, mentres que a Marvel fixo primeiro unha série de filmes cos seus superheroes protagonizando en solitário filmes de seu, e rematando a xogada co espectacular Avengers, a Warners e mais a DC queren que cada superheroe teña a súa oportunidade despois de facer o filme conxunto no que serán presentados, Justice League.

En todo caso, a decisión de estrear en 2015 pon a Justice League en competición directa coa segunda entrega de Avengers, que aparecerá nas salas de cinema o 1 de maio de 2015. Justice League probábelmente agardará até mediados de xullo, unha data que polo de agora trouxo moi boa sorte á compañía cos dous recentes filmes de Dark Knight de Chris Nolan.