Serkis noutra versión da Granxa dos Animáis

0
190

Os estudos londinenses de The Imaginarium fixéron-se cos dereitos para levar ao cinema a série de novelas distópicas non publicadas de Samantha Shannon The Bone Season e de paso cos do clásico libro antiestalinista de George Orwell Animal Farm.

Os fundadores de Imaginarium, Andy Serkis (Gollum en O Señor dos Anéis) e mais Jonathan Cavendish, producirán ambos filmes e ademais Serkis escribirá o guión, dirixirá e protagonizará a adaptación de Animal Farm.

Con Animal Farm, o obxectivo é “reinventar este célebre conto para unha nova xeración, usando as novas técnicas de narración ofrecidas pola tecnoloxía de captura de movementos“, dixo Cavendish.

The Bone Season pola súa banda é unha saga ambientada en 2059 e vai sobre Paige Mahoney, unha rapaza de 19 anos que traballa no inframundo criminal de Londres coma “camiñante de soños”, unha enviada entre células secretas que pode meter e sacar da mente das persoas. A rapaza é atacada, secuestrada e transportada a Oxford, unha cidade que fica no segredo dende hai douscentos anos.