Nic Cage protagoniza unha triloxía cristián

787

Nicolas Cage está a negociar a súa entrada no reparto dunha nova triloxía de filmes baseados na série de novelas cristianas de Tim LaHaye e Jerry Jenkins Left Behind. Ao lendário coordinador de dobres Vic Armstrong pola súa banda foi-lle ofrecida a cadeira de director.

A série de dezaséis libros está ambientada xusto despois do Arrebatamento, un acontecemento no que, segundo a mitoloxía cristián, o deus Xesús Cristo aparecerá e levará-se aos auténticos créntes para o ceo, mentres que o resto dos seres humanos ficará na Terra para sempre, xa sen esperanzas.

Após dos feitos, o mundo fica no caos e das súas cinzas rexurde un político rumano que promete restablecer a estabilidade, un político que é en realidade o Anti-Cristo.

A Cloud Ten Pictures produciu tres filmes baseados nestas lendas entre 2000 e 2005, cunha forte carga de propaganda relixiosa e protagonizados polo ex-actor Kirk Cameron. Cun orzamento de 4 millóns de dólares cadanseu, os filmes foron un completo desastre económico, de crítica e de público, mesmo ainda que a súa previsíbel base de fans é de centos de millóns de persoas.

Nesta nova versión o orzamento subirá até os 15 millóns e espéra-se que estea mais preto dos clásicos filmes de desastres e de acción desenfreada após do Arrebatamento.

Paul Lalonde, ún dos produtores da triloxía orixinal, vai producir tamén esta. A rodaxe da primeira entrega escomezará en primavera en Baton Rouge, Louisiana.