Diesel e Cohen volven en XXX

0
205

Vin DieselA Columbia Pictures está en conversas co produtor Joe Roth para desenvolver unha secuela do filme de Vin Diesel XXX, que serviría para traer de novo ao mesmo actor como protagonista e a Rob Cohen coma director.

O dúo xa estivo presente no filme orixinal de 2002, que protagonizou Diesel no papel de Xander Cage, un entusiasta dos deportes estremos que é contratado polo Governo para unha misión perigosa.

Roth controla a propriedade sobre esta franquía porque o filme orixinal foi realizado pola súa empresa, a Revolution Studios, que tamén fixo XXX: State of the Union, unha secuela que protagonizou Ice Cube e que dirixiu Lee Tamahori.

A terceira entrega ten xa un título, XXX: The Return of Xander Cage, pero ainda non hai guión.

Diesel xa está de acordo en regresar, así coma Cohen, pero os seus contratos non serán negociados até que se faga un trato cos estudos.

A aparición máis recente de Diesel foi na decepcionante Babylon A.D. mentres que o último traballo de Cohen foi dirixir a exitosa A Múmia 3: A tumba do Emperador Dragón.