A Paramount prepara a Insurrección dos clons

0
196

A Paramount ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o cómic de Blake Masters Insurrection, que o mesmo Masters adaptará ao formato de longametraxe.

O cómic, que para moitos é unha versión de ciéncia-ficción de Espartaco, está ambientado nun futuro onde as megacorporacións son mais poderosas cós governos e posúen exércitos de seu.

Os exércitos están compostos de clons que ao longo de décadas foron tratados coma unha sub-clase de humanos. Todo iso vai mudar cando un home se erga e lidere unha revolución que terá enormes consecuéncias.

Michael De Luca, Matt Tolmach e Ross Richie serán os produtores. Esta non é a primeira vez que Masters traballa no mundo do cinema, porque é o creador da série de televisión de 2006 Brotherhood e foi o guionista do filme da Universal 2 Guns.